Recoñecemento aos servizos preventivos Cruz Vermella Española Lugo
Xuño de 2019. Circuíto de carreiras populares Corre con Nós
Recibimos o recoñecemento da área de Deportes do Concello de Lugo polos servizos preventivos de Cruz Vermella Española Lugo no Circuito de carreiras populares Corre con Nós ao longo de 2019. Recolleu a placa o Presidente Provincial de Cruz Vermella, Luís Abelleira.
Cruz Vermella Lugo participou cubrindo os servizos preventivos das seis carreiras populares do circuíto, abarcando todas as franxas de categorías, tanto diúrnas como nocturnas. Con este circuíto preténdese establecer hábitos saudables entre a poboación de Lugo, mantelos entre os que os teñen e facilitar que as persoas que non fan deporte váianse concienciando e involucrando. Nestas competicións deportivas participaron máis de 2600 persoas.
En cada proba desprazamos unha ambulancia de Soporte Vital Básico, con equipo completo e desfibriladores, sendo ocasionalmente acompañada doutra ambulacia con Soporte Vital Avanzado..
En cada carreira estiveron presentes cinco técnicos especializados. Un técnico especialista en emerxencias sanitarias, un técnico en transporte sanitario, dous técnicos socorristas e un técnico sanitario de apoio con desfibrilador ambulante.
Ademais en maio tamén cubrimos o servizo preventivo do Medio Maratón Cidade de Lugo, na que participaron máis de 700 corredores que realizaron unha distancia de 21 quilómetros.
Para dar cobertura a este evento deportivo participamos cunha ambulancia de Soporte Vital Avanzado, unha ambulancia de Soporte Vital Básico, dous vehículos de apoio loxístico, un& nbsp;Hospital de Campaña e dez persoas voluntarias de Cruz Vermella Española Lugo.