Os nenos e nenas do hospital HULA de Lugo irán ao quirófano en coche teledirixido
Cruz Vermella Española Lugo
5 de xaneiro 2019. Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Lugo
Os nenos e nenas ingresados non acudirán a partir de agora á súa cita médica no bloque de cirurxía ou para realizar unhas probas diagnósticas nun vehículo eléctrico.
Cruz Vermella de Lugo e a Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR) doaron dous vehículos ao Servizo de Pediatría e a Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria do HULA.
No acto de entrega dos dous coches eléctricos teledirixidos estiveron presentes o xerente da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico; o secretario provincial de Cruz Vermella de Lugo, José Luis Fernández Armesto; o presidente de APREVAR, Luís Abelleira Maior, ademais do personal de Pediatría e da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria. Neste proxecto participan tamén os equipos de enfermería, auxiliares e celadores do hospital de Lugo.
Un dos dous coches irá destinado á Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria. Desta forma, os nenos irán ao quirófano en vehículo teledirigido co fin de reducir a ansiedade dos menores antes de entrar na sala de operacións. O outro vehículo irá destinado ao Servizo de Pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti para o traslado dos nenos para realizar probas diagnósticas durante o seu ingreso hospitalario.