Reaprende, date a la buena vida y haz prevención de diabetes

Reaprende, date á boa vida e fai prevención de diabetes

7 de abril, Día mundial da saúde. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Como cada ano, o 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Este ano, a Organización Mundial da Saúde propuxo como tema central, a Diabetes. Cruz Vermella, en colaboración coa Fundación para a Diabetes, realiza unha campaña de sensibilización por toda España sobre diabetes tipo 2.

A diabetes é unha enfermidade metabólica caracterizada por niveis de azucre (glicosa) en sangue elevados ( hiperglucemia), debido a unha insuficiente secreción da hormona insulina ou defectos na acción da mesma. Se non se trata adecuadamente, pode crear complicacións moi graves como neuropatías, afeccións da retina, do ril, do sistema cardiovascular, pé diabético, etc.

As persoas que padecen diabetes tipo 2 poden producir a súa propia insulina, pero ou ben en cantidade insuficiente ou ben sen poder utilizala eficazmente. Polo xeral son persoas sedentarias e con sobrepeso, ou cunha historia familiar de diabetes, mulleres que sufriron diabetes durante o embarazo ou tiveron bebés de máis de 4 Kg. ao nacer. Case a metade das persoas con diabetes tipo 2 non son conscientes de que a teñen, xa que nos seus inicios pode pasar inadvertida.

Reaprende, date a la buena vida y haz prevención de diabetes

A diabetes tipo 2 pódese previr se modificamos os nosos hábitos de vida persoais. Evitando o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade. Incorporando na túa vida unha actividade física saudable e regular. Incluíndo na túa vida a "dieta mediterránea". Foxe das "dietas milagre" e de calquera tipo de automedicación. Dicindo un "non" rotundo ao consumo de tabaco e evita o abuso no consumo de alcol. Confiando nos/as profesionais sanitarios que sempre están ao teu lado e realiza un recoñecemento preventivo polo menos unha vez ao ano.

Lembra: Nunca é tarde para retomar ou adquirir hábitos saudables. Sempre estás a tempo de mellorar a túa vida. Come san, móveche, sorrí, goza.

Reaprende, date a la buena vida y haz prevención de diabetes


Prevención diabetes


Novo Plan de Saúde Cruz Vermella

Promoción de la Salud. Nuevo Plan de Salud. Cruz Roja Española. Lugo


Salud y socorros


Descarga + información


PDF


PDF


PDF


Quiérete APP


APP