Intervención e inclusión social
Cruz Vermella Xuventude
Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Actuamos en favor do cumprimento dos dereitos fundamentais da infancia e a mocidade, promovendo a mellora das condicións de vida das persoas en situación e/ou risco de dificultade social, infancia e/ou mocidade desprotexida, con discapacidade, desempregada, hospitalizada, inmigrante e familias.
Proxectos de Intervención e inclusión social
Obxectivo: Desenvolver accións que melloren a calidade de vida dos/as nenos/as adolescentes e mozo/as ingresados/as, incidindo nas relacións persoais e na utilización da animación e o xogo como factores fundamentais para a recuperación.
Destinatarios/as: nenos/as, adolescentes e mozos/as.
Contidos: Animación á lectura, actividades lúdicas, apoio escolar, etc.
Obxectivo: concienciar aos cidadáns e cidadás ao redor das situacións de desigualdade e de exclusión que se producen na maioría das poboacións do territorio e, por outra, informar as familias sobre o xogo ou xoguete máis recomendado para o seu fillo/a.
Destinatarios/as: nenos/as, adolescentes e mozos/as.
Contidos: Tipos de xogos e xoguetes, etapa evolutiva dos/ as nenos/as, etc.
Obxectivo: favorecer o desenvolvemento da infancia e a súa adaptación ao grupo logrando a adquisición de hábitos, valores e condutas positivas respecto da vida grupal e a convivencia. A asistencia dos menores ao recurso é de 1 a 3 días por semana.
Destinatarios/as: nenos/as, adolescentes e mozos/as.
Contidos: Apoio escolar, Animacion á lectura, educación para a saúde, educación ao desenvolvemento, medio ambiente, etc.
Obxectivo: comprender as razóns e función da violencia para neutralizala e superala, e á súa vez analizar os efectos dos medios de comunicación na proliferación de condutas violentas.
Destinatarios/as: Adolescentes y mozos/as entre 14 e 20 anos.
Contidos: Concepto de violencia, habilidades de comunicación, habilidades sociais e resolución de conflitos.
Obxectivo: proporcionar habilidades sociais nos menores en situación de risco social a través dunha intervención socio-educativa.
Destinatarios/as: Nenos, nenas e adolescentes.
Contidos: Apoio escolar, animación á lectura, competencia social, etc.
Obxectivo: Contribuír ao incremento do éxito escolar de nenos e nenas en dificultade social, incidindo nos factores de índole persoal e social que o favorecen.
Destinatarios/as: nenos, nenas e adolescentes de 6 a 16 anos que presentan dificultadas no seu proceso de ensino-aprendizaxe e na adhesión a procesos formativos.
Contidos: apoio escolar, acompañamentos escolares, merendas, etc