Provincial de Lugo
Persoas en situación de extrema vulnerabilidade Cruz Vermella Lugo
Intervención social. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Realizamos proxectos de axuda a persoas en situación de necesidade, colaborando con elas para paliar a súa vulnerabilidade ata onde alcancen os nosos recursos tanto materiais como humanos
Pretendemos aliviar a situación de precariedade, de persoas e familias en situación de vulnerabilidade, mediante a entrega e distribución de paquetes de alimentación, hixiene persoal, familiar, e do fogar, produtos farmacéuticos, e nos casos que proceda farase entrega de prestacións económicas que permitan facer fronte a algúns dos gastos derivados de vivenda (aluguer, subministracións...), e da escolarización dos seus fillos.