Loita contra a pobreza enerxética
Cruz Vermella Española Lugo
Intervención social. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Axudamos ás persoas en situación de vulnerabilidade a manter a súa vivenda en condicións adecuadas de temperatura durante o inverno
A pobreza enerxética é a incapacidade dun fogar de satisfacer unha cantidade mínima de servizos da enerxía para as súas necesidades básicas, como manter a vivenda nunhas condicións de climatización adecuadas para a saúde (18 a 21º C no inverno e 25º C no verán, segundo os criterios da Organización Mundial da Saúde)
Para facer fronte a esta situación, Cruz Vermella Española desenvolve diversas axudas de emerxencia social que se dirixen á cobertura das necesidades básicas e ao apoio ás familias para afrontar as situacións máis graves ás que ven sometidas.
A pobreza enerxética afecta á saúde, ao desempeño académico dos menores, diminúe os contactos sociais, dificulta a procura de emprego e obriga ás familias para entrar da disxuntiva alimentación ou calefacción, ter que facer fronte ao pago de subministracións enerxéticas pode significar diminuír o gasto en alimentación.
O seu impacto na saúde das persoas é grave, xa que o frío e a humidade permanente nun fogar poden levar a serios problemas respiratorios como asma, bronquite, etc