Promoción da saúde
Cruz Vermella Española Lugo
Saúde. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Co noso novo Plan de Saúde actuamos na sensibilización e prevención, dando ademais atención a persoas con estilo de vida non saudable e a persoas con inadecuada xestión da súa enfermidade
Temos como obxectivo apoiar ás persoas que se achegan a Cruz Vermella, ou a quen xa atendemos por diversas razóns e circunstancias persoais, para mellorar a súa saúde e xa que logo o seu estado físico, psíquico e social.
Preténdese tamén actuar sobre as persoas que xa teñen algún problema para facer unha xestión adecuada da súa saúde, dándolles unha atención máis próxima, desenvolvendo plans individualizados e levando un seguimiento de cada caso.
Para seguir os tratamentos ou mellorar hábitos é necesario contar con información, recursos e motivación. Todo iso pode supoñer un cambio substancial na calidade de vida.
Máis aló da prevención abordamos a xestión da saúde de cada persoa complementando aos Servizos Públicos de Saúde.
O novo Marco de Atención ás Persoas (MAP), que mellora a nosa resposta, axudaranos a apoiar a persoas cun estilo de vida non saudable e atender a aquelas persoas con dificultades para seguir os seus tratamentos.