Cruz Roja Española en Lugo. Alimentación sana y asequible


Promoción e educación para a saúde
Cruz Vermella Xuventude

Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Informamos e promovemos o cambio de actitudes cara á adquisición de hábitos e condutas saudables entre a infancia e a mocidade, como parte do seu desenvolvemento integral, así como a modificación daqueles comportamentos que resultan nocivos para a súa saúde.


Proxectos de Promoción e educación para a saúde


Obxectivo: Fomentar o interese de adolescentes e mozos pola adopción de hábitos e condutas saudables como parte do seu desenvolvemento integral, modificando aqueles comportamentos que respondan a costumes individuais e sociais insanas e perigosas para a súa saúde.

Destinatarios/as: Adolescentes e mozos/as.

Contidos: Drogas, Sexualidade, VIH/SIDA, Alimentación saudable, o corpo humano, novas adiccións...

Obxectivo: Informar e sensibilizar para fomentar unha actitude responsable entre a mocidade, que lles permita ter unhas relacións sexuais seguras e satisfactorias, entendendo como seguridade a diminución de embarazos non desexados e de infeccións de transmisión sexual.

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: Sexualidade e VIH/SIDA.

Obxectivo: Previr o consumo de drogas na poboación adolescente e xuvenil e coñecer os riscos derivados do consumo destas substancias.

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: Tipos de drogas, Risco do consumo de drogas, etc..

Obxectivo: xerar un clima de respecto e aceptación social e previr a transmisión do VIH/SIDA e doutras enfermidades transmisibles.

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: VIH/SIDA e vías de transmisión, malaria e vías de transmisión, etc..

Obxectivo: Ofrecer alternativas de lecer saudables, dotando a nenos/ as e adolescentes e mozos das ferramentas necesarias para a prevención de actitudes e hábitos nocivos para a súa saúde, dentro da contorna social e comunitaria onde están inmersos, mediante a realización de actividades de recoñecemento do medio, uso e manexo de recursos sociais educativos, asociativos e comunitarios.

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: Coñecementos dos recursos da comunidade, Educación no tempo libre, mellora na contorna social, participación comunitaria.

Obxectivo: previr a aparición de enfermidades e trastornos relacionados coa alimentación. Informar e concienciar aos/as nenos/as, adolescentes e mozos/as dos riscos que para a súa saúde poden supoñer algúns costumes alimentarios, do mesmo xeito que darlles a coñecer o problema da obesidade, as súas causas e a súa prevención.

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: Grupos de alimentos, os nutrientes, alteracións nutricionais e outras enfermidades, hábitos alimenticios, trastornos da conduta alimenticia.

Obxectivo: informar e concienciar aos/as menores dos diferentes riscos para a súa integridade física que teñen determinadas actuacións nos diferentes ámbitos (doméstico, escolar, espazos ao aire libre e privados) coa finalidade de que coñezan as limitacións que existen. Á súa vez, tamén é importante que coñezan as pautas de atención básicas ante determinados accidentes: golpes, caídas, queimaduras, hemorraxias, intoxicacións, picaduras, etc...

Destinatarios/as: Nenos, nenas, adolescentes e mozos/as.

Contidos: Normas de circulación peonil, identificación de sinais na vía pública, primeiros auxilios,...

Obxectivo: Sensibilizar sobre a importancia da saúde emocional para gozar dunha boa calidade de vida, fomentando a adquisición das diferentes habilidades relacionadas coa intelixencia emocional e afectiva.

Destinatarios/as: Adolescentes e mozos/as.

Contidos: Intelixencia emocional (habilidades intra e interpersoais).


¿Estás ON?


Alimentación sa e alcanzable


Cruz Vermella Lugo - Faite Voluntario

Faite Voluntari@

Xogos interactivos

Cruz Roja Juventud. Sección juvenil de Cruz Roja Española


Descarga + información