Sen teito Cruz Roja Lugo
Persoas en situación de extrema vulnerabilidade.
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Desde o centro, situado na Oficina Provincial de Lugo, realízanse actuacións específicas co colectivo de transeúntes e persoas sen fogar, para contribuír a mellorar da súa calidade de vida.
Preténdese apoiar a persoas que se atopan en situacións de vulnerabilidade, contribuíndo na cobertura das súas necesidades básicas.
Realizamos as seguintes actividades:
- Apoio, acolleita, información, atención e asesoramiento.
- Acompañamiento. Almorzos. Servizo de lavandería e duchas.
- Entrega de productos de hixiene.
- Axudas. Talleres ocupacionais, saídas culturais.
- Apoio ao autocuidado.
Neste proxecto, un grupo de voluntarios/as reparte alimentos, mantas ou outros enseres, pero ademais serven, en moitas ocasións como o vinculo social que necesitan estas persoas para saír da situación en que se atopan.
Ademais realízase un traballo social de oferta de recursos ou derivación. Tratamos de mellorar as capacidades persoais para posibilitar o levar a cabo procesos de inclusión social.
Contamos tamén cun grupo de acción en rúa que apoia a aqueles que non acoden de modo regular ao noso centro.