Teleasistencia Cruz Vermella Lugo
Avenida de Madrid, Lugo. 982 23 16 13
Un máis na familia
O Servizo de Teleasitencia Domiciliaria de Cruz Vermella da unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas ao día e 365 dìas ao ano.
Este servizo conecta aos usuarios coa central de alarmas de Cruz Vermella de maneira ininterrompida
A súa finalidade é promover a autonomía e independencia das persoas maiores e outros colectivos en situacións de dependencia.
Que ofrece?
- Atención inmediata ante urxencias domésticas e sanitarias
- Seguimento individualizado e visitas de voluntarios de Cruz Vermella
- Axendas para lembrar datos importantes e aviso familiares
- Actividades complementarias
Que ventaxas ten?
- Mellora a calidade de vida
- Posibilita a estancia en domicilio daquelas persoas que precisan atención permanente
- Evita o illamento e desarraigamento social
- Proporciona seguridade e tranquilidade aos usuarios e as súas familias
A quen protexe?
- Persoas en situación de soidade
- Persoas maiores
- Persoas con enfermidades crónicas
- Persoas dependentes
- Persoas con discapacidade
Como funciona?
Atención inmediata con só premer un botón
- Levar sempre o colgador ou pulseira encima
- Pulsar o botón ante unha necesidade ou emerxencia
- Inmediatamente atenderalle un profesional e mobilizaranse todos os recursos necesarios
A súa seguridade é a túa tranquilidade
Teléfono gratuito de información: 900 814 222
Onde haxa liña telefónica é posible instalar a teleasistencia. Consúltanos
Teleasistencia domiciliaria
Testemuñas usuarias
Oliva Díaz Fernández
"Grazas á Teleasistencia estou sempre acompañada, é coma se non estubiera sóla na casa. Sinto protexida"
María Río Galán
"Desde que teño Teleasistencia estou contenta porque sinto segura e tranquila tanto en casa como na rúa coa Teleasistencia Móbil. Nunha ocasión pulsei por unha emerxencia e en 1 minuto estaba atendida. Sempre atenden con gran agarimo"
Chus Navarro
"O que nos achega ante todo é TRANQUILIDADE, sénteste acompañada na tarefa de coidadora dunha persoa con dependencia. Saber que de forma inmediata vas ter unha resposta dunha persoa experta dáche seguridade, tanto para nós, familiares de referencia, como para o meu marido saber da dispoñibilidade de alertar no caso de que sexa necesario" (Familiar de usuario con Teleasistencia domiciliaria Lugo)"