Provincial de Lugo
Transporte adaptado Cruz Vermella Lugo
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Servizo de traslado en vehículos adaptados de persoas con discapacidade a centros de atención sanitaria, rehabilitación, postos de traballo, centros educativos, actividades de lecer, etc...
Os vehículos adaptados dispoñen de ancoraxes, plataformas elevadoras e ramplas que facilitan o acceso a persoas con dificultades na súa mobilidade ou en cadeira de rodas.
O transporte accesible evita o illamento da persoa maior e facilita a súa mobilidade e o seu contacto coa contorna.