Vehículos ecolóxicos con autogás
Cruz Vermella Española Lugo
Marzo de 2019. Sede Provincial de Lugo
En Cruz Vermella Lugo estamos sensibilizados co medio ambiente e incorporamos ao noso parque móbil dous vehículos ecolóxicos dotados de gas licuado de petróleo ( GLP ou Autogás).
O autogás para automoción é unha mestura de propano e butano comprimido ata tal punto que se volve un líquido e permite unha combustión limpa no motor dun vehículo.
Este combustible é un dos carburantes alternativos máis respectuosos co medio ambiente, ao emitir ata un 98% menos de dióxido de nitróxeno.
Este combustible non emite partículas, o que tamén comporta diversas vantaxes ambientais, e contribúe a previr e mellorar os problemas de calidade do aire das cidades.
Ademais, contribúe a mellorar o aforro enerxético, circulando cun vehículo dotado de autogás pódese alcanzar un aforro de combustible de ata un 45% respecto a ese mesmo vehículo circulando en gasolina e un 25% respecto a un vehículo equivalente diésel.
Porque a deterioración media ambiental xera vulnerabilidade, e por iso desde Cruz Vermella Lugo promovemos accións innovadoras para fomentar o aforro enerxético.
Medio ambiente e sustentabilidade. Campo Castelo, 37. Lugo
Sensibilización medio ambiente Desenvolvemento sustentable